TRAQUS é a ferramenta clave para coñecer os teus clientes

TRAQUS é a plataforma de análise de datos de localización da que se obteñen en tempo real unha serie de indicadores clave para coñecer os clientes, mellorar a súa experiencia de compra e contribuír ao aumento de vendas.

TRAQUS permite comparar o rendemento entre departamentos e identificar os “puntos quentes” en tenda cun maior coñecemento e segmentación do cliente.

Funcionalidades

Traqus permítenos observar o comportamento dos clientes cando se atopan no punto de venda físico (do mesmo modo que se analiza para os puntos de venda online), contribúe ao aumento das vendas e á solución da problemática dos puntos de venda físicos (PoS). Tamén nos axuda a coñecer o perfil do cliente e o uso que realiza das instalacións, así como a basear en datos obxectivos as tomas de decisións.

Así mesmo, permítenos optimizar o deseño de plantas e a distribución de produtos nos puntos de venda, responder de forma proactiva ao fluxo dos clientes, analizar tendencias, baseadas en datos obxectivos e que permitan anticiparse ás necesidades operativas ademais de comparar o rendemento entre departamentos e identificar os “puntos quentes” en tenda cun maior coñecemento e segmentación do cliente.

TRAQUS é un medio efectivo para monitorizar, analizar e entender o comportamento dos clientes cando se atopan no punto de venda físico, do mesmo modo que se analiza para os puntos de venda online.

Permite:

  • Optimizar o deseño de plantas e a distribución de produtos nos punto de venda.
  • Responder de forma proactiva ao fluxo de clientes, reforzando zonas segundo as necesidades.
  • Analizar tendencias de tráfico e correlacionalas con datos de venda.
  • Comparar o rendemento entre departamentos, puntos de venda (reais ou virtuais), rexións ou países.
  • Definir tendencias baseadas en datos obxectivos e que permitan anticiparse ás necesidades operativas de forma máis eficiente.
  • Reforzar a operativa, optimizar a experiencia do cliente e mellorar as vendas.
Ilustración co despregamento exterior e interior da plataforma Traqus.