Home | Portfolio | TAC-TIC Timer, a solución de xestión e control de horarios, fichaxes e vacacións do teu persoal

TAC TIC TIMER facilita ás organizacións a xestión do proceso de sinatura e a solicitude de vacacións e ausencias

  • Permite realizar a fichaxe de xeito áxil e sinxelo, tanto para traballo presencial como teletraballo ou calquera outro ámbito.
  • Ofrécelle ao traballador a posibilidade de realizar e facer un seguimento das súas solicitudes de vacacións e ausencias.
  • Facilítalles a xestión e seguimento de peticións tanto aos traballadores como os responsables, permitindo visualizalos e coñecer o seu estado en todo momento.

Unha ferramenta doadamente integrable e operativa para compañías e ámbitos de traballo

  • Elabora informes avanzados de xeración puntual e de actualización recorrente, neste caso con automatización de envíos a destinatarios concretos.
  • Cálculos automatizados e en tempo real.
  • Diferentes fluxos de validación e aprobación.
  • Permite a integración con sistemas externos, fundamentalmente nas áreas de RR. HH e de xestión de proxectos.
  • Carga masiva de datos, importación e exportación de arquivos.

TAC-TIC Timer é unha multiplataforma que permite a xestión dese calquera dispositivo,

Contan con versión APP, dese onde os traballadores poden realizar as súas fichaxes (permitindo a fichaxe por xeolocalización), rexistrar as súas incidencias/ausencias e solicitar vacacións.

Versión web, onde ademais de que os traballadores poden realizar as mesmas accións que na App, os perfís de administración poden levar a cabo todas as tarefas necesarias (consulta de fichaxes, edición de fichaxes, extracción de informes, validación/consulta de vacacións do persoal a cargo, etc.).