Plataforma multidioma de comunicación interactiva e omnicanle que facilita o feedback de xeito sinxelo e natural.

Está baseado nunha xestión flexible de campañas de comunicación desatendidas que se adapta a calquera tipo de estrutura organizativa e está orientado á automatización de interaccións, onde:

  • A intervención humana é mínima.
  • O proceso de contacto é 100% automático.
  • A interacción online prodúcese con sinxeleza e naturalidade.

Principais casos de uso

É adaptable a todo tipo de procesos de comunicación, con e sen resposta requirida, e actualmente os casos de uso principais son:

  • Recordatorio e confirmación de asistencia a eventos.
  • Optimización de axendas mediante a confirmación de asistencia, a reprogramación ou a anulación de citas.
  • Procesos de autoadmisión por voz.
  • Xestión de listas de chamamento e bolsas de traballo.
  • Realización de test, enquisas.
  • Valoración de satisfacción sobre un servizo ou da atención recibida.
  • Comunicación de resultados de análise e estudos.
  • Campañas de comunicación.
  • Cribados.

Vantaxes

Xestión desatendida do sistema. Definición flexible de campañas. Segmentación de públicos e máis.

Unha solución integrable con QUENDA®

SCCOM® está totalmente integrado co noso sistema de xestión de quendas de espera, QUENDA®, creando un circuíto de información entre os sistemas, baseado na definición de grupos de contacto que permite simplificar doadamente a segmentación do público obxectivo.

Soporta a carga mediante ficheiros e dispón dunha API que permite a integración con aplicacións de terceiros e o backoffice do cliente.

A solución distribúese baixo licenza en modelos on premise e cloud.