NextBPM é unha plataforma de xestión de procesos electrónicos
NextBPM dá solución ás principais necesidades que requiren os servizos ofrecidos por parte de organismos e institucións. Resolvemos, de xeito áxil e adaptable a cada caso concreto:
- Fe do acto administrativo. Feabilidade da trazabilidade do acto. Cumprimento das esixencias da TST 1818/2022.
- Cumprimento do Real Decreto de Lei 203/21 de Forma Rápida e Sinxela
- Adaptación de Sistemas.
Adaptamos a solución de xeito ad-hoc para cada universidade.
Colaboramos co crecemento dos sistemas propios.
Visión de comunidade: Xeramos un crecemento da comunidade tecnolóxica.
NextBMP Document Manager
Integración vía servizos web co resto dos compoñentes da plataforma e con outras aplicacións do Organismo ou de terceiros.
Definición de metadatos xerais e por categoría.
Implementa os mecanismos de seguridade que garanten a confidencialidade dos documentos electrónicos almacenados, o cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e a autenticación dos usuarios que realicen a xestión documental.
Garda e custodia das evidencias electrónicas que en cada caso se consideren necesarias.
Principais funcionalidades:
- Consulta dos expedientes e actuacións para os que o usuario teña privilexios de acceso.
- Descarga de informes de sinatura dos documentos dos expedientes nos que os usuarios teñan a condición de interesados.
- Notificacións electrónicas. Cada interesado só poderá consultar as notificacións dirixidas a el.
- Verificación por parte de terceiros de documentos emitidos con sinatura dixital.
- Evidencias electrónicas que en cada caso se consideren necesarias.
- Taboleiro de anuncios.
Acceso deSde os principais sistemas operativos do mercado (Windows, Linux, Apple Mac OS X) nas últimas versións destes, así como dos navegadores de internet nas súas últimas versións (Internet Explorer, Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari), e desde dispositivos móbiles (Windows Phone, Android, IOS, etc.).
Servizos
Servizos de Consultoría
- Catálogo de procedementos administrativos.
- Consultoría de procedementos administrativos.
- Análise de estrutura documental e metadatos.
Servizos de Administración Electrónica
- Tramitación tutelada de expedientes públicos.
- Xestión electrónica de expedientes 39/40/2015.
- Xestión documental.
- Arquivo e preservación dixital.
Servizo de xeración de evidencias electrónicas