Aliña o dimensionamento do teu persoal coas túas necesidades asistenciais e de negocio.

É un sistema avanzado de xestión integral da actividade dos RR. HH. desenvolvida por Plexus, personalizable á medida para cada cliente e que facilita o dimensionamento óptimo do persoal.

É unha ferramenta multiempresa, multicentro e multiidioma, orientada a optimizar a xestión de persoal e que permite responder con axilidade ás necesidades de xestión da actividade en ámbitos cambiantes.

Achega unha visión de 360º da actividade, ofrecendo:

  • Cadros de mando e informes avanzados para a dirección.
  • Mecanismos áxiles e flexibles de xestión e información útil para os mandos intermedios.
  • Unha ferramenta de interacción bidireccional co profesional final.
Facilitamos a xestión integral da actividade de RR. HH.

Planificación de quendas máis eficiente

O obxectivo principal é adecuar a demanda á dispoñibilidade e capacitación do persoal, permitindo así unha planificación de quendas máis eficiente e automatizada. Ademais, facilita a trazabilidade do desempeño físico e funcional dos profesionais. E garante a interoperabilidade co resto de sistemas de RR. HH.

Deste xeito optimizamos a planificación para a realización da actividade, xa que cobre todos os ámbitos de xestión de profesionais e actividades, incluíndo necesidades de departamentos e áreas.

Vantaxes

  • Dá soporte á toma de decisións coa trazabilidade do desempeño da actividade funcional para a axuda á toma de decisións.
  • Reduce o esforzo de mandos intermedios.
Vantaxes: Solución integral. Maior produtividade. Redución esforzo en mandos intermedios. Soporte á toma de decisións.

Integración, sinxela e natural, con sistemas de RR. HH. e ferramentas de control de produtividade.