Responsabilidade Social Corporativa
PLEXUS goza de recoñecido prestixio non só pola calidade e o valor engadido dos seus servizos de tecnoloxías da información, senón tamén pola profesionalidade dos seus equipos humanos, a súa aposta pola innovación, á súa política de reinvestimento de beneficios e o seu compromiso cos seus clientes nacionais e internacionais.
A proposta de responsabilidade social desenvólvese con acordos e políticas vinculadas a valores éticos recollidos non só nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, senón na creación de vínculos reais con políticas activas no ámbito da igualdade, a potenciación do talento feminino na área científica potenciando a colaboración institucional do movemento STEM, o impulso do liderado e das accións de corporate branding. Sen esquecernos de acordos e accións con asociacións de sectores máis desfavorecidos.
PLEXUS busca cumprir cos compromisos adquiridos pola compañía cos diferentes grupos de interese, cubrindo as súas expectativas e mantendo o aliñamento coa súa cultura e valores:
- Clientes: Lograr o cumprimento das súas expectativas, ofrecéndolles solucións innovadoras e creativas.
- Traballadores: Ofrecer as mellores oportunidades de desenvolvemento profesional, desde a estabilidade dunha empresa con máis de 20 anos de bagaxe e a solidez dunha compañía líder do sector, que sabe recoñecer con equidade o compromiso, o talento e os logros.
- Industria e competencia: Contribuír ao desenvolvemento sostible do Sector TIC como piar do progreso e benestar da sociedade, colaborando activamente cos organismos do sector e mantendo especialmente unha relación de respecto e transparencia cos competidores.
- Sociedade: Buscar activamente a forma de xerar prosperidade e desenvolvemento sostible nas comunidades nas que Plexus está presente, respectando e fomentando a súa cultura, tradicións e valores, cunha especial atención aos colectivos máis vulnerables.
- Medio ambiente: Contribuír a preservar o ámbito ambiental, velando polo impacto das
actividades e fomentando a conciencia de sostibilidade en todos os grupos de interese.