O modelo de atención do século XXI
Consúltame® permite a atención remota ao cliente e ao cidadán a través de videoconferencia. A situación provocada pola pandemia foi o momento clave para adaptar o modelo de prestación de servizos e transmitirlle á cidadanía unha resposta rápida, eficaz e contundente ante a nova situación con totais garantías.
Un modelo que se pode integrar con QUENDA, a solución de citas líder en España
Para iso, Plexus Tech desenvolveu o produto de videoatención Consúltame® integrado co sistema Quenda® para a atención remota. Converteuse nunha solución multicanle adaptada ás necesidades de cada situación e de cada cliente.
Consúltame no ámbito sanitario
Consúltame® permite e facilita tamén a comunicación entre profesionais sanitarios e os pacientes a través de videoconsulta integrada co sistema Quenda Medic® e a Estación Clínica, facilitando un ámbito unificado para o profesional tanto na atención presencial como na non presencial. Este método de atención aforra tempo e recursos, ademais de eliminar a barreira xeográfica da atención sanitaria.